Logo da Universidade da Coruña

Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral

2018/2019 · 60 créditos

Acceso e admisión

Para acceder ao ensino oficial de máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de máster.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de máster.

Os estudantes poderán ser admitidos a un máster conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de máster universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.

A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de máster.

Perfil recomendado

Os destinatarios principais deste mestrado son os seguintes: graduados sociais, diplomados en Relacións Laborais, licenciados en Ciencias do Traballo, graduados en Relacións Laborais e Recursos Humanos, Dereito, Administración e Dirección de Empresas, Economía etc.

Demais titulados interesados no campo dos recursos humanos.

Requisitos de acceso comúns

Unicamente os xerais de acceso e admisión.

Solicitude e admisión

A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na plataforma da UDC.

As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao máster e certificación académica.

A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.

A matrícula na UDC para o novo alumnado podes facela aquí ou se es un alumno/a que continúa estudos na UDC, podes facelo desde a Secretaría Virtual do Estudante.

Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:

  • A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
  • O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

 

30 prazas ofertadas no curso 2018/2019

Criterios e procedementos de admisión

Expediente académico.

Prazos

Os prazos xerais no curso 2018/2019 son:

Primeiro prazo

  • 24 de xuño ao 3 de xullo de 2018: Preinscrición.
  • 20 de xullo ao 26 de xullo de 2018: Matrícula.

Segundo prazo

  • 16 de agosto ao 31 de agosto de 2018: Preinscrición.
  • 11 de setembro ao 16 de setembro de 2018: Matrícula.

Terceiro prazo

  • 19 de setembro ao 23 de setembro de 2018: Preinscrición.
  • 1 de outubro ao 5 de outubro de 2018: Matrícula.

Prazos especiais para o estudantado de sistemas universitarios estranxeiros alleos ao sistema universitario español:

  • 16 de xaneiro ao 30 de abril de 2018: Preinscrición
  • Primeiro prazo xeral (a determinar): Matrícula

Os prazos xerais están tamén dispoñibles neste calendario.

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces:

Regulamento e normativa aplicable

Se queres coñecer en detalle a normativa e regulamentos relacionados cos estudos na UDC podes consultalo aquí. Ademais podes consultar outros documentos relacionados coa normativa académica.

Tamén destacamos os seguintes documentos: