Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Xerontoloxía

2015/2016 · 90 créditos

Acceso e admisión

Para acceder ao ensino oficial de mestrado será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de mestrado.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de mestrado.

Os estudantes poderán ser admitidos a un mestrado conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de mestrado universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.

A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de mestrado.

Perfil recomendado

El carácter interdisciplinar de la titulación junto con la posibilidad de cursar el título genérico de Gerontología; así como las especialidades "Clínica" y/o "Social" amplían las posibilidades de acceso en cuanto al perfil del alumnado cuya formación previa podría ser del ámbito de la salud (medicina, psicología, terapia ocupacional, enfermería, fisioterapia o logopedia) y del ámbito social (sociología, psicología, psicopedagogía, trabajo social y educación social), entre otros.

Requisitos de acceso comúns

Titulacións dos ámbitos sanitario e social.

De acordo co Real decreto 1393/2007 e o Real decreto 861/2010, para acceder ao Mestrado Universitario en Xerontoloxía será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución do EEES que faculte no país expedidor do título para as ensinanzas de mestrado.

Solicitude e admisión

A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na plataforma da UDC.

As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao mestrado e certificación académica.

A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.

A matrícula na UDC para o novo alumnado podes facela aquí ou se es un alumno/a que continúa estudos na UDC, podes facelo desde a Secretaría Virtual do Estudante.

Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:

  • A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
  • O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

 

25 prazas ofertadas no curso 2015/2016

Criterios e procedementos de admisión

Se o número de alumnos solicitantes supera o número de prazas ofrecidas realizarase unha valoración de méritos, así como unha entrevista persoal, de ser necesario.

Aquelas persoas que non superaren ningún crédito do programa ao longo dun curso académico non poderán volver matricularse nel durante dous anos.

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces:

Regulamento e normativa aplicable

Se queres coñecer en detalle a normativa e regulamentos relacionados cos estudos na UDC podes consultalo aquí. Ademais podes consultar outros documentos relacionados coa normativa académica.

Tamén destacamos os seguintes documentos: