Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos

2015/2016 · 60 créditos

Acceso e admisión

Para acceder ao ensino oficial de mestrado será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de mestrado.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de mestrado.

Os estudantes poderán ser admitidos a un mestrado conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de mestrado universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.

A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de mestrado.

Perfil recomendado

O mestrado oficial en Planificación e xestión de destinos e novos produtos turísticos está especialmente dirixido a titulados en Ciencias Sociais e Humanas (recén egresados ou non) que desexan adquirir coñecementos vinculados co Turismo: Titulados ou graduados en Turismo, Administración e Dirección de Empresas, Economía, Filoloxía, Arte, Historia, Xeografía, Socioloxía e outros.

Requisitos de acceso comúns

A normativa estatal (Real Decreto 1393/2007) establece que para acceder ás ensinanzas oficiais de Mestrado será preciso estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior do Espacio Europeo de Educación Superior (EEES) que faculte no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de Mestrado. No caso dos titulados por sistemas educativos axenos á EEES, poderase solicitar a autorización da Universidade para realizar os estudos do mestrado.

No caso dos alumnos españois que aínda non teñan tódalas calificacións pero que estén matriculados en todos os créditos precisos para obter a titulación póden presentar a solicitude xustificando a obtención da titulación antes da formalización da matrícula.

O Mestrado en Planificación e xestión de destinos e novos produto turísticos está especialmente dirixido a a titulados en Ciencias Sociais e Humanas (recén egresados o no) que desexan adquirir coñecementos vinculados col Turismo: Titulados ou graduados en Turismo, Administración e Dirección de Empresas, Economía, Arte, Historia, Filoloxía, Xeografía, Socioloxía e outros.

Terase tamén en conta a existencia dunha adecuación co perfil dos estudos.

O criterio de baremación será a nota media do expediente académico que da acceso ao mestrado.

Prevese a realización de entrevistas persoais só cando na opinión da Comisión de Selección perciba especiais circunstancias que así o aconsellen para aclarar algúns aspectos dos requisitos anteriores. Unha vez valorados os requisitos establecidos pola Comisión de Selección do Mestrado, o Coordinador remitirá a relación de preadmitidos suxeita á admisión definitiva por parte da UDC.

Para a realización do mestrado na modalidade online é preciso xustificar que se está traballando e, por tanto, non é posible asistir ás clases presenciais ou ben que se vive lonxe do lugar onde se imparten as clases. Para iso é preciso entregar un xustificante de traballo ou de residencia.

Solicitude e admisión

A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na plataforma da UDC.

As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao mestrado e certificación académica.

A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.

A matrícula na UDC para o novo alumnado podes facela aquí ou se es un alumno/a que continúa estudos na UDC, podes facelo desde a Secretaría Virtual do Estudante.

Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:

  • A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
  • O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

 

30 prazas ofertadas no curso 2015/2016

Criterios e procedementos de admisión

En todo caso, darase prioridade ao expediente académico dos aspirantes e á titulación de acceso.

El criterio de baremación será la nota media del expediente académico que da acceso al máster.

Prevese a realización de entrevistas persoais so cando en opinión da Comisión de Selección se perciban especiais circunstancias que así o aconsellen para aclarar algúns aspectos dos requisitos anteriores.

Unha vez valorados os requisitos establecidos pola Comisión de Selección do Mestrado, o Coordinador remitirá a relación de preadmitidos suxeita á admisión definitiva da UDC.

Para estar informados sobre a listaxe de admitidos e outras novas: masterturismo.org

As prazas ofertadas son 30, (15 prazas para alumnos que da modalidade presencial e 15 para a modalidade online.)

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces:

Regulamento e normativa aplicable

Se queres coñecer en detalle a normativa e regulamentos relacionados cos estudos na UDC podes consultalo aquí. Ademais podes consultar outros documentos relacionados coa normativa académica.

Tamén destacamos os seguintes documentos: