Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Biotecnoloxía Avanzada

2016/2017 · 90 créditos

Acceso e admisión

Para acceder ao ensino oficial de mestrado será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de mestrado.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de mestrado.

Os estudantes poderán ser admitidos a un mestrado conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de mestrado universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.

A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de mestrado.

Perfil recomendado

O Mestrado pretende ser unha oferta de posgrao de calidade potencialmente útil para os graos/licenciaturas de Biotecnoloxía, Bioloxía, Química, Bioquímica, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Farmacia, Medicina, Veterinaria, Ciencias Ambientais, Ciencias do Mar e Enxeñaría Química ou Agrónoma, así como unha vía para a formación de profesionais e doutores entre o alumnado egresado dos devanditos estudos. Isto é debido ao enfoque multidisciplinario da biotecnoloxía que involucra varias disciplinas.

Requisitos de acceso comúns

Os criterios de acceso son os que veñen determinados nas directrices do RD 1393/2007. Nos perfís de acceso para este mestrado inclúense todas as titulacións universitarias da rama das ciencias experimentais ou ciencias da saúde.

Solicitude e admisión

A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na plataforma da UDC.

As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao mestrado e certificación académica.

A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.

A matrícula na UDC para o novo alumnado podes facela aquí ou se es un alumno/a que continúa estudos na UDC, podes facelo desde a Secretaría Virtual do Estudante.

Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:

  • A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
  • O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

 

15 prazas ofertadas no curso 2016/2017

Criterios e procedementos de admisión

Unha vez solicitada a admisión polo alumno, levarase a cabo a selección e admisión dos estudantes no Mestrado por parte da súa comisión académica, logo de comprobar por parte das unidades administrativas de que as persoas solicitantes cumpren os requisitos de acceso.

Avaliarase cada solicitude con base na seguinte información que se achegue na seguinte documentación:

1. Curriculum vitae da persoa solicitante, tendo en conta a titulación de acceso e a súa formación previa (85%).

2. Carta con declaración de intereses, motivacións e posibles informes de referencia das súas institucións de orixe (15%)

3. Opcionalmente, realizaranse unha (ou varias) entrevista persoal (de xeito presencial e/ou a través do correo electrónico).

En todo caso, teranse en conta as necesidades educativas especiais de estudantes derivadas dalgunha discapacidade.

Baremo do currículo da Comisión Académica do Mestrado:

Formación académica: (65 % do CV)

Como perfís de acceso preferente establécense os seguintes:

1. Licenciatura/grao en Biotecnoloxía, Bioloxía, Química, Bioquímica, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Farmacia, Medicina, Veterinaria, Ciencias Ambientais, Ciencias do Mar e Enxeñaría Química ou Agrónoma (Nota: Nota media x 1).

2. Licenciatura/grao noutras titulacións (Nota: Nota media x 0,5).

Experiencia Profesional: (15 % do CV) Só se considerá aquela experiencia profesional directamente relacionada co sector biotecnolóxico. Valoraranse diversos aspectos como o cargo, as responsabilidades, a duración da actividade desenvolvida....

Experiencia investigadora: (15 % do CV) Analizarase a experiencia investigadora do alumno, para o que se empregará o baremo que tanto a Universidade de Vigo como a da Coruña establecen anualmente nas súas convocatorias de axudas á investigación.

Outros méritos: (5 % do CV)

Consideraranse outros méritos relacionados co Mestrado, caso de premios, cursos de formación, mestradps, asistencia a xornadas, bolsas...

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces:

Regulamento e normativa aplicable

Se queres coñecer en detalle a normativa e regulamentos relacionados cos estudos na UDC podes consultalo aquí. Ademais podes consultar outros documentos relacionados coa normativa académica.

Tamén destacamos os seguintes documentos: