Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético

2016/2017 · 72 créditos

Acceso e admisión

Para acceder ao ensino oficial de mestrado será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de mestrado.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de mestrado.

Os estudantes poderán ser admitidos a un mestrado conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de mestrado universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.

A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de mestrado.

Perfil recomendado

Aínda que non é indispensable posuír unha titulación específica para acceder ao Mestrado, si existen algunhas competencias que se consideran especialmente adecuadas para cursar estes estudos, como son as adquiridas nas titulacións de Enxeñaría e Enxeñaría Técnica, Arquitectura e Arquitectura Técnica, e nas de Grao da rama de Enxeñaría e Arquitectura.

O Mestrado, ademais de estar dirixido a quen pretende obter a titulación propiamente dita, tamén pode ser de interese para persoas que só desexan cursar algunhas das súas materias como complemento doutros mestrados afíns, da súa formación profesional ou para completar a formación previa esixida para o acceso ao doutoramento (no caso concreto dos Enxeñeiros Técnicos e Arquitectos Técnicos, ata alcanzar un mínimo de 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos que, polo menos 60, haberán de ser de nivel de Mestrado).

Requisitos de acceso comúns

Os xerais de acceso e admisión.

Solicitude e admisión

A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na plataforma da UDC.

As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao mestrado e certificación académica.

A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.

A matrícula na UDC para o novo alumnado podes facela aquí ou se es un alumno/a que continúa estudos na UDC, podes facelo desde a Secretaría Virtual do Estudante.

Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:

  • A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
  • O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

 

40 prazas ofertadas no curso 2016/2017

Criterios e procedementos de admisión

Nos criterios de valoración para a admisión teranse en conta os seguintes aspectos:

  • Titulación. Terán preferencia as solicitudes de admisión correspondentes a persoas que contan cunha titulación previa da rama de Enxeñaría e Arquitectura.
  • Expediente académico.
  • Experiencia profesional, de voluntariado, docente ou investigadora en actividades propias do ámbito do Mestrado.
  • Formación complementaria e outros méritos (coñecemento de idiomas, estancias no estranxeiro, achegas científicas ou outra formación).

Prazos

Os prazos xerais no curso 2016/2017 son:

Primeiro prazo

  • 23 de xuño ao 13 de xullo de 2016: Preinscrición.
  • 1 de agosto ao 10 de agosto de 2016: Matrícula.

Segundo prazo

  • 22 de agosto ao 31 de agosto de 2016: Preinscrición.
  • 15 de setembro ao 20 de setembro de 2016: Matrícula.

Terceiro prazo

  • 22 de setembro ao 30 de setembro de 2016: Preinscrición.
  • 11 de outubro ao 20 de outubro de 2016: Matrícula.

Prazos especiais para o estudantado de sistemas universitarios estranxeiros alleos ao sistema universitario español:

  • 16 de xaneiro ao 18 de abril de 2017: Preinscrición
  • Primeiro prazo xeral (a determinar): Matrícula

Os prazos están tamén dispoñibles neste calendario.

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces:

Regulamento e normativa aplicable

Se queres coñecer en detalle a normativa e regulamentos relacionados cos estudos na UDC podes consultalo aquí. Ademais podes consultar outros documentos relacionados coa normativa académica.

Tamén destacamos os seguintes documentos: