Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Socioloxía Aplicada: Investigación Social e de Mercados

2016/2017

Acceso e admisión

Para acceder ao ensino oficial de mestrado será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de mestrado.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de mestrado.

Os estudantes poderán ser admitidos a un mestrado conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de mestrado universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.

A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de mestrado.

Perfil recomendado

Requisitos de acceso comúns

O único requisito indispensable para acceder ao Mestrado é ter cursados 6 ECTS de Estatística ou Estatística aplicada ás Ciencias Sociais. Existen algunhas competencias que se consideran especialmente axeitadas para cursar estes estudos, como son as adquiridas, en concreto, por unha serie de titulacións que consideramos cercanas ao Mestrado: 1. As persoas graduadas e licenciadas en Socioloxía. 2. As persoas graduadas en Administración e Dirección de Empresas, en Ciencias Empresariais, en Economía, en Márketing e Investigación de Mercados, en Ciencias Políticas, en Relacións Laborais e Recursos Humanos, en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas, en Xornalismo, en Turismo, en Comercio, en Publicidade e Relacións Públicas, os dobles graos en Ciencias Empresariais e Turismo, en Dereito e Administración e Dirección de Empresas,e en Informática e Administración e Dirección de Empresas; as persoas licenciadas e/ou diplomadas en Administración e Dirección de Empresas, en Ciencias Económicas e Empresariais, en Economía, en Investigación e Técnicas de Mercado, en Publicidade e Relacións Públicas, en Antropoloxía, en Ciencias Políticas e, en xeral, cualquera grao, licenciatura oo diplomatura da rama xurídico-social. 3. Todos aqueles graos, mestrados ou outras titulacións universitarias oficiais superiores nas que o alumnado cursara polo menos 6 ECTS de Estatística. En función da titulación de orixe, a Comisión de Selección do SAISM establecerá cales das materias teóricas de carácter optativo que compoñen o Módulo 1 deberá cursar o/a estudante. No caso de estudantado que cumpla os criterios contemplados no punto 3 anterior, a Comisión de Selección poderá indicarlles a necesidade de cursar as materias Fundamentos Teóricos 1 e Fundamentos Teóricos 2. A organización temporal da docencia contempla esta posibilidade e distribúese a ensinanza no primeiro mes de clase de modo que non exista solapamento de horarios.

Solicitude e admisión

A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na plataforma da UDC.

As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao mestrado e certificación académica.

A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.

A matrícula na UDC para o novo alumnado podes facela aquí ou se es un alumno/a que continúa estudos na UDC, podes facelo desde a Secretaría Virtual do Estudante.

Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:

  • A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
  • O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

 

30 prazas ofertadas no curso 2016/2017

Criterios e procedementos de admisión

Tralo período de preinscrición, se o número de solicitudes que cumplen os requisitos de admisión superan o máximo de prazas ofertadas, a Comisión de Selección do Mestrado activará un proceso de selección tendo en conta os seguintes méritos, debidamente xustificados: 1. Titulación: terán preferencia as solicitudes de admisión correspondentes ás persoas egresadas nos títulos que figuran no punto 1 do epígrafe Destinatarios e Perfil de ingreso recomendado; en segundo lugar, os egresados nos títulos recollidos no punto 2 do dito epígrafe; en terceiro lugar, as persoas egresadas nos títulos incluidos no punto 3. 2. Expediente académico. 3. Experiencia profesional, docente ou investigadora en actividades propias do ámbito do Mestrado. 4. Formación complementaria.

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces:

Regulamento e normativa aplicable

Se queres coñecer en detalle a normativa e regulamentos relacionados cos estudos na UDC podes consultalo aquí. Ademais podes consultar outros documentos relacionados coa normativa académica.

Tamén destacamos os seguintes documentos: