Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Avogacía

2017/2018 · 90 créditos

Acceso e admisión

Para acceder ao ensino oficial de mestrado será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de mestrado.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de mestrado.

Os estudantes poderán ser admitidos a un mestrado conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de mestrado universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.

A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de mestrado.

Perfil recomendado

O exercicio da avogacía constitúe unha das saídas máis relevantes para os licenciados e graduados en dereito. O mestrado está dirixido a alumnos que pretendan exercer a profesión de avogado.

Requisitos de acceso comúns

Para acceder ao Máster en Avogacía será necesario estar en posesión do título de Licenciado ou Graduado en Dereito ou doutro título universitario de Grao equivalente que reúna os requisitos establecidos no artigo 3 do Real Decreto 775/2011, do 3 de xuño, polo que se aproba o Regulamento da Lei 34/2006, do 30 de outubro, sobre o acceso ás profesións de Avogado e Procurador dos Tribunais.

Solicitude e admisión

A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na plataforma da UDC.

As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao mestrado e certificación académica.

A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.

A matrícula na UDC para o novo alumnado podes facela aquí ou se es un alumno/a que continúa estudos na UDC, podes facelo desde a Secretaría Virtual do Estudante.

Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:

  • A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
  • O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

 

70 prazas ofertadas no curso 2017/2018

Criterios e procedementos de admisión

Por o que se refire aos criterios de admisión, o proceso será levado a cabo pola Comisión de Coordinación do Máster, quen cubrirá o número de prazas ofertadas (70) atendendo aos principios de concorrencia, igualdade, capacidade e mérito. Terase en conta como criterio preferente o expediente académico dos alumnos. Ademais, atenderase para a selección ao curriculum vitae, existindo a posibilidade de realizar unha entrevista persoal no suposto de que o acorde a Comisión, que non será eliminatoria pero que servirá para dirimir empates ou resolver situacións excepcionais.

A Comisión académica está integrada polos decanos do ICACOR e da Facultade de Dereito e por seis membros máis: dous profesores nomeados pola Facultade de Dereito e dous avogados en exercicio nomeados polo ICACOR. Os dous membros restantes serán os coordinadores do Máster.

Prazos

Os prazos xerais no curso 2017/2018 son:

Primeiro prazo

  • 23 de xuño ao 13 de xullo de 2017: Preinscrición.
  • 1 de agosto ao 13 de agosto de 2017: Matrícula.

Segundo prazo

  • 14 de agosto ao 21 de agosto de 2017: Preinscrición.
  • 13 de setembro ao 18 de setembro de 2017: Matrícula.

Terceiro prazo

  • 19 de setembro ao 27 de setembro de 2017: Preinscrición.
  • 10 de outubro ao 19 de outubro de 2017: Matrícula.

Prazos especiais para o estudantado de sistemas universitarios estranxeiros alleos ao sistema universitario español:

  • 16 de xaneiro ao 30 de abril de 2017: Preinscrición
  • Primeiro prazo xeral (a determinar): Matrícula

Os prazos xerais están tamén dispoñibles neste calendario. Ademais ampliáronse os prazos de preinscrición para solicitantes de sistemas universitarios estranxeiros.

 

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces:

Regulamento e normativa aplicable

Se queres coñecer en detalle a normativa e regulamentos relacionados cos estudos na UDC podes consultalo aquí. Ademais podes consultar outros documentos relacionados coa normativa académica.

Tamén destacamos os seguintes documentos: