Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Enxeñaría da Auga pola Universidade da Coruña e Hochschule Magdeburg-Stendal (Fh)(Alemania)

2016/2017 · 90 créditos

Acceso e admisión

Para acceder ao ensino oficial de mestrado será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de mestrado.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de mestrado.

Os estudantes poderán ser admitidos a un mestrado conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de mestrado universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.

A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de mestrado.

Perfil recomendado

Principalmente enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, Grao en Enxeñarías de Obras Publicas, Grao en Tecnoloxía da Enxeñeria Civil. Outras Titulacións afines das ramas de ciencias e enxeñarías: Nestes casos farase recomendacións ós alumnos sobre ós complementos a cursar. Se o grao de acceso é outra enxeñería pero non da rama da Enxeñería Civil, o candidato deberá demostrar superar (ou no seu caso estar disposto a cursar e superar de maneira simultánea) uns créditos mínimos na área de Hidráulica e Hidrología (6c) e Enxeñería Ambiental (6c) de nivel universitario. Tamén se permitirá o acceso desde graos de disciplinas científicas (Química,Bioloxía, Xeoloxía, Ciencias Ambientais,...), neste caso, ademais dos requisitos sobre créditos mínimos anteriores, os candidatos deberán superar (ou estar dispostos a cursar de maneira simultánea e superar) uns créditos mínimos nas seguintes disciplinas: Matemáticas (10c) e Mecánica de Fluídos e Física (6c) de nivel universitario. Para poder cursar ditas materias complementarias de maneira simultánea, a Universidade da Coruña dará todas as facilidades posibles dentro do catálogo de materias que actualmente se imparten na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos. Poderase valorar no seu caso a realización dunha entrevista persoal aos candidatos.

Requisitos de acceso comúns

Solicitude e admisión

A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na plataforma da UDC.

As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao mestrado e certificación académica.

A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.

A matrícula na UDC para o novo alumnado podes facela aquí ou se es un alumno/a que continúa estudos na UDC, podes facelo desde a Secretaría Virtual do Estudante.

Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:

  • A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
  • O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

 

25 prazas ofertadas no curso 2016/2017

Criterios e procedementos de admisión

I.Nota media do expedinte académico (máximo 10 puntos) II.Factor de Afinidade segundo grao de acceso: a. Caminos ye Obras públicas: 2 puntos b. Otras enxeñartías: 1.5 puntos c. Carreiras/graos centíficos: 1 punto d. Letras: 0 puntos III. Duración do grado/carreira de acceso a. 6 anos: 6 puntos b. 5 anos: 5 puntos c. 4anos: 4 puntos d. 3 anos: 3 puntos

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces:

Regulamento e normativa aplicable

Se queres coñecer en detalle a normativa e regulamentos relacionados cos estudos na UDC podes consultalo aquí. Ademais podes consultar outros documentos relacionados coa normativa académica.

Tamén destacamos os seguintes documentos: