Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas. Especialidade en Linguas e Literaturas (Linguas Estranxeiras).

2016/2017

Acceso e admisión

Para acceder ao ensino oficial de mestrado será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país expedidor do título para o acceso ao ensino de mestrado.

Así mesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da homologación dos seus títulos, despois de que a UDC comprobe que estes acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outros efectos que o de cursar o ensino de mestrado.

Os estudantes poderán ser admitidos a un mestrado conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do título de mestrado universitario. A UDC incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos.

A admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o ensino de mestrado.

Perfil recomendado

O perfil recomendado do alumnado dependerá, loxicamente, das especialidades do mestrado. O seu carácter profesionalizador fai necesaria certa correspondencia entre a titulación de acceso e a especialidade elixida; a Comisión de Selección do Mestrado resolverá no caso doutras titulacións.

Requisitos de acceso comúns

O art. 16 do Real decreto 1393/2007 establece que para acceder ao ensino oficial de mestrado será necesario contar cun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculte no país de orixe para o acceso a ensinanzas de mestrado.

Doutra parte, segundo o apdo. 4.2 da Orde ECI/3858/2007, do 27 de decembro, pola que se establecen os requisitos para a verificación de títulos universitarios oficiais que habilitan para o exercicio das profesións de profesorado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas, establécese como requisito de acceso a acreditación do dominio das competencias relativas á especialización que se desexe cursar, mediante a realización dunha proba deseñada para o efecto polas universidades, da cal quedará exento/a quen estiver en posesión dalgunha das titulacións universitarias que se corresponderen coa especialización elixida.

Así mesmo, terá que acreditarse o dominio dunha lingua estranxeira equivalente ao nivel B1 do Marco común europeo de referencia para as linguas, de acordo coa Recomendación n.º R (98)6 do Comité de Ministros de Estados membros, do 17 de outubro de 2000.

Solicitude e admisión

A solicitude de preinscripción poderá facerse a través dos procedementos telemáticos que se establecer na plataforma da UDC.

As solicitudes formuladas por persoas con títulos académicos estranxeiros de sistemas educativos alleos ao EEES deberán ir acompañadas da seguinte documentación, traducida a calquera das dúas linguas oficiais na UDC, legalizada ou coa Apostila da Haia: título que dá acceso ao mestrado e certificación académica.

A matrícula realizarase nos sucesivos prazos que se inclúen no calendario de preinscrición dos másteres que aproba o Consello de Goberno da UDC á través da web da UDC.

A matrícula na UDC para o novo alumnado podes facela aquí ou se es un alumno/a que continúa estudos na UDC, podes facelo desde a Secretaría Virtual do Estudante.

Unha vez efectuada a matrícula deberá remitirse á administración do centro, ou entregarse nela, nun prazo máximo de 10 días naturais que contarán a partir da data de solicitude de matrícula, a seguinte documentación, se for o caso:

  • A solicitude de bolsa debidamente cuberta.
  • O xustificante que acredite a exención ou a redución dos prezos de matrícula.

 

25 prazas ofertadas no curso 2016/2017

Criterios e procedementos de admisión

A admisión axustarase ao establecido na normativa da UDC. Cando o número de candidatos sexa superior ao das prazas que se ofreceren, a selección realizarase seguindo os criterios establecidos pola Comisión de Selección do Mestrado, aos cales se lles dará a debida publicidade. En todo caso, darase prioridade ao expediente académico dos aspirantes e á titulación de acceso.

Prazos

Os prazos xerais no curso 2016/2017 son:

Primeiro prazo

  • 23 de xuño ao 13 de xullo de 2016: Preinscrición.
  • 1 de agosto ao 10 de agosto de 2016: Matrícula.

Segundo prazo

  • 22 de agosto ao 31 de agosto de 2016: Preinscrición.
  • 15 de setembro ao 20 de setembro de 2016: Matrícula.

Terceiro prazo

  • 22 de setembro ao 30 de setembro de 2016: Preinscrición.
  • 11 de outubro ao 20 de outubro de 2016: Matrícula.

Prazos especiais para o estudantado de sistemas universitarios estranxeiros alleos ao sistema universitario español:

  • 16 de xaneiro ao 18 de abril de 2017: Preinscrición
  • Primeiro prazo xeral (a determinar): Matrícula

Os prazos están tamén dispoñibles neste calendario.

bolsas e axudas

Existe un sistema de bolsas para o estudantado que o precise. Os distintos criterios e prazos dependen do tipo de bolsa e o organismo que as convoca (propias, autonómicas e estatáis). Podes consultalas nos seguintes enlaces:

Regulamento e normativa aplicable

Se queres coñecer en detalle a normativa e regulamentos relacionados cos estudos na UDC podes consultalo aquí. Ademais podes consultar outros documentos relacionados coa normativa académica.

Tamén destacamos os seguintes documentos: